Rutas marítimas
Salnés » Sanxenxo » Rutas marítimas

Tanto dende o Porto de Sanxenxo como dende o Porto de Portonovo parten ferris cara ás Illas Cíes e Ons, que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Unha alternativa ideal para pasar o día e descubrir paisaxes naturais de incomparable beleza.

Son varias as empresas que realizan as viaxes, aínda que é necesario obter un permiso previo para poder visitar as illas. A xestión deste permiso, así como consultar información máis detallada sobre cada un dos arquipélagos do Parque, pódese facer dende a web Illas Atlánticas de Galicia.

Ademais, hai viaxes organizadas en ferry pola ría. Para visitar o cultivo de mexillón nas bateas, con degustación a bordo.

Por outra banda, son numerosas as empresas chárter que teñen aluguer de barcos con ou sen patrón.

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Skip to content
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.