Grazas a que O Grove é unha península, temos praias orientadas en todas as direccións. Este feito favorece a práctica de deportes acuáticos que dependen do vento, como o windsurf. Na praia da Mexilloeira podes iniciarte nesta actividade deportiva ou realizar unha clase de perfeccionamento dende mediados de xuño ata finais de setembro.