Compras
Salnés » O Grove » Festa do Marisco » Compras

O recinto da Festa do Marisco tamén serve como mostra da calidade do comercio e da artesanía local. Durante os días que se celebra o evento son varias as propostas que permiten ao visitante achegarse ao comercio local, pero tamén coñecer de primeira man o tradición “colareira”. vinculado á Illa da Toxa, onde os artesáns elaboran xoias con cunchas mariñas.

Ademais, a mostra de Emprendedores de GroveMakers permite que os creadores da vila, que poñen en marcha iniciativas empresariais vinculadas á artesanía e ao deseño, poidan dar a coñecer as súas creacións e propostas.

Así mesmo, a Asociación de Empresarios Locais Emgrobes organiza a Feira de Oportunidades – Grovestock na que participan negocios de distinto tipo da zona, promovendo así a posibilidade de adquirir produtos a bo prezo no propio ambiente da festa. No mesmo recinto tamén a marca Nikis Galicia-Style ten unha tenda de merchandising específica para a festa.

En todo caso, a zona comercial de O Grove esténdese moito máis alá da Praza de O Corgo. No marco da celebración da festa, os visitantes poderán achegarse a un comercio variado e de calidade que se caracteriza por unha longa tradición como vila turística pero tamén por unha especial atención na atención ao cliente. A rúa Castelao (“A Catorse”) e os seus arredores serán o lugar idóneo para prolongar a actividade que nos propón a Festa do Marisco.

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Ir o contido
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.