Descubridor de augas termais
Salnés » O Grove » Cultura e patrimonio » Descubridor de augas termais

Esta obra de bronce representa un burro retozando nas termas da illa da Toxa. Deste xeito, cumpríronse os desexos de dona Emilia Pardo Bazán, cando en 1899 cría que o descubridor das termas merecía unha estatua. Este feito foi lembrado no ano 1920 por don Wenceslao Fernández Flórez: “Fixemos a estatua do burro, moi grande, colocámola nun lugar ben visible, e puxemos esta inscrición en letras de ouro: Ao único protector de Galicia, dos contribuíntes e do pobre home”.

Esta escultura do burro, realizada por Lucas Míguez, non é a única obra deste escultor situada no concello do Grove. Na Praza de Arriba tamén podemos gozar da obra de Floreano.

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Ir o contido
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.