Paseo de Pedras Negras
Salnés » O Grove » Natureza e paisaxes » Paseo de Pedras Negras

Situada en San Vicente do Mar, esta andaina comeza no porto deportivo de Pedras Negras e discorre por pasarelas de madeira a beira do mar, adaptándose ao terreo e marcada por grandes pedras esculpidas pola erosión.

Percorre as praias de Burato da Londra, Farruco e A Barrosa, e continúa entre rochas pasando pola cala de Fervide. Ao longo do paseo de madeira atopamos uns bancos que nos permiten parar e gozar con calma das vistas, dominadas polas illas de Ons, que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

O paseo remata no miradoiro da praia de Canelas, xusto antes de chegar a unha antiga batería militar.

Se aínda te sentes forte ao final da andaina, podes seguir camiñando pola costa bordeando a batería militar. Esta ruta enlazará co PRG-116 Con Negro.

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Ir o contido
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.