Praia da Barcela
Salnés » O Grove » Praias » Praia da Barcela

Esta pequena praia en forma de dobre cuncha, de area branca e fina, está situada no lado norte da península do Grove, entre as praias de Area Grande e Barreiriño. Rodeada por unha masa forestal, o areal está bañado polas augas da ría de Arousa. De feito, dende aquí pódese ver un grupo de bateas moi próximo. Ten unha grella a poucos metros. A ruta de sendeirismo PRG-115 Adro Vello – Memorias da Historia discorre nas proximidades.

Tipo de praia: Forma dobre cuncha

Lonxitude: 150 m

Ocupación temporal estival: Media

Perigo: Baixo

Tipo de area: Fina

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Ir o contido
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.