Praia da Mexiloeira
Praia orientada ao noroeste, cunha paisaxe de vexetación e dunas, area dourada e algo espesa. Destaca pola súa tranquilidade e idoneidade para a práctica de deportes como o kitesurf ou o windsurf. É a praia máis longa bañada polas augas da ría de Arousa no Grove. Nas proximidades atópase a lagoa de Bodeira, a única lagoa costeira de auga doce da provincia, o que a converte nun lugar de gran interese natural e paisaxístico pola cantidade de aves acuáticas que invernan nesta zona húmida.
Tipo de praia: Recta
Lonxitude: 1200 m
Ocupación temporal estival: Baixa
Perigo: Baixo
Tipo de area: fina/media
Tamén che pode interesar
Canto de útil che pareceu este contido?
Puntuación media 0 / 5. 0