Turitren

Un percorrido duns 45 minutos a bordo deste tren turístico permitirá coñecer a historia da vila mariñeira do Grove e os seus lugares máis emblemáticos.

O Turitren parte do porto do Grove, pasando pola zona da lonxa, e guíanos polas principais rúas da vila para despois dirixirnos á illa da Toxa, atravesando a súa emblemática ponte todo o interior da illa, para sorprendernos coa capela de San Caralampio, cuberta integramente por vieiras, e coa lenda do descubrimento das augas termais.

Unha vez percorrido a illa, volve de novo ao punto de partida no porto do Grove, pero non antes de visitar a zona de Beiramar, un paseo marítimo decorado con numerosas esculturas esculpidas en granito.

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Ir o contido
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.