Sanxenxo en 1 día
Salnés » Sanxenxo » Sanxenxo en 1 día

Mañá:

Podemos percorrer o camiño máxico de A Lanzada, este itinerario percorre 3,03 km. Sen dúbida é a máis “máxica” dende a zona de A Lanzada Está cheo de lendas e tradicións. A máis coñecida é a lenda das nove ondas, este rito está relacionado coa fertilidade. Aínda hoxe moitas mulleres van o día da Romaría de A Lanzada, en agosto, para bañarse na praia a media noite co obxectivo de quedar embarazada.

A ruta lévanos dende a praia de Foxos, á praia de Areas Gordas e A Lapa que están separados por unha pequena península coñecida popularmente como «A Illa do Médico».

Durante o noso percorrido poderemos visitar o escavacións do xacemento arqueolóxico de A Lanzada, e os restos dunha antiga fortaleza que precede á fermosa Ermida de A Lanzada.

Tarde:

Facemos un descanso para comer en Sanxenxo. Ao remate visitaremos a Marina Juan Carlos I e seguiremos polo Paseo de Silgar. Facemos unha parada no Parque de Punta Vicaño para gozar das vistas. Seguimos pola pasarela de madeira que discorre sobre as dunas da praia Baltar.

Achegámonos ás 18:30 ao porto pesqueiro de Portonovo onde poderemos asistir a unha visita á lonxa e ver a poxa de peixe.

Despois da visita poderemos gozar dunha marabillosa cea en calquera dos restaurantes e tapas da Vila de Portonovo.

Filter by

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Ir o contido
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.