Apartamentos Capricho de Bascuas
Salnés » Sanxenxo » Onde aloxarse » Apartamentos » Apartamentos Capricho de Bascuas

Os apartamentos Capricho de Bascuas están situados no concello de Sanxenxo, son de recente construción e forman parte da zona turística por excelencia das Rías Baixas en Galicia, España. Situado a 200 m. da Praia de Bascuas (nudista) e a 800 m. da Praia de Montalvo.

A só 2 km de distancia atópase a vila mariñeira de Portonovo cunha gran variedade de restaurantes, tendas, locais de entretemento e outros servizos. O centro urbano de Sanxenxo e o seu porto deportivo están a 3 km.

Os nosos apartamentos dispoñen de modernas e confortables instalacións equipadas con enerxía ecolóxica, piscina, jacuzzi, xardín, solarium no ático, terraza de 250 m2, parque infantil, garaxe privado e apartamentos moi acolledores de 1 ou 2 dormitorios con vistas ao mar, cociña americana, 1 ou 2 dormitorios. 2 baños, salón e terraza.

Todos están equipados con lavadora, lavalouzas, microondas, televisión, utensilios de cociña, roupa de cama, toallas, auga acondicionada ecolóxica, calefacción, aspirador central e aire acondicionado.

Servizos

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Skip to content
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.