Apartamentos Mardesia
Salnés » Sanxenxo » Onde aloxarse » Apartamentos » Apartamentos Mardesia

O mar, a arte e a poesía que contén a arquitectura son as guías do proxecto Mardesía Galicia. Un xeito de entender o turismo de natureza baseado nas sensacións de experimentación e respecto polo medio natural dun enclave único no mundo, Galicia.

Unha experiencia que nace na costa da Lanzada, en Sanxenxo. Un lugar privilexiado cheo de vida e natureza. Alí dende onde se poden ver Cíes e Ons. A carón das fermosas praias da Lanzada, coa súa ermida con vistas ao mar e o recinto ao aire libre. E as praias de Lapa e Areas Gordas. Un lugar desde onde o viaxeiro pode gozar da cultura mariñeira das vilas das Rías Baixas.

Apartamentos turísticos ecoeficientes e exclusivos para alugar en vacacións xunto á praia. Unha experiencia única preto do mar. De recente e innovadora construción. O complexo consta dunha zona de aparcamento, un espazo expositivo e 5 edificios independentes de aloxamento. Os edificios fusionan a arquitectura moderna e tecnolóxica coa tradición mariñeira. Cada aloxamento consta de dúas plantas distribuídas de forma similar a unha pequena casa con terraza e hidromasaje privado. Un dos aloxamentos é totalmente accesible distribuído nunha única planta aberta. Todos os aloxamentos están equipados cun sistema autónomo de control de entrada de inquilinos e regulación de confort térmico.

Servizos

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Skip to content
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.