Conxunto de grandes pedras que forman un abrigo natural que os primeiros poboadores de Sanxenxo utilizaron como asentamento. Na parte superior dunha das pedras hai unhas tallas ocas que se empregaban para cociñar os alimentos.
Unha lenda conta que…
un home moi valente chamado Manoliño estaba ao carón do Con da Romaíña unha medianoite de lúa chea cando se abriu unha porta nunha das pedras da que saíu unha muller que lle falou dun tesouro. El seguiuna, e cando chegaron a onde estaban as riquezas, a muller converteuse nunha serpe que se abalanzou. sobre el. O home non tiña medo e agarrándoa polo pescozo conseguiu estrangulara, pero cando quixo saír da cova non puido e acabou morrendo dentro.
Tamén che pode interesar
Canto de útil che pareceu este contido?
Puntuación media 0 / 5. 0