Con da Ventureira foi utilizado polos mariñeiros como referente xeográfico para orientarse nas súas navegacións, xa que esta gran pedra era visible dende o mar cando esta costa estaba libre de plantacións de eucaliptos, incluso nas cartas e mapas náuticos publicados a principios do século XX aparece co nome de Con da Costa.