Nacida da idea de dar a coñecer a Ría de Arousa a todos os visitantes que se achegaron a Galicia, xurdiu a empresa Cruceros del Ulla-Turimares.
Divírtete nunha excursión en barco pola Ría de Arousa (Rías Baixas) para descubrir a “Ruta do Mexillón” con panorámicas submarinas a través das viseiras dos nosos catamaráns e disfruta dunha degustación de mexillóns ao vapor a bordo, con viño, auga e refrescos.
Se es un amante dos espazos naturais, fai unha visita guiada á Illa de Sálvora, incluída no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Outro dos lugares incribles das Rías Baixas é a Illa de Areoso, no corazón da Ría de Arousa, súbete a un dos seus barcos turísticos no Grove e levaranos a unha praia paradisíaca mentres disfrutas dunha comida a bordo.
Un dos seus catamaráns é o Restaurante Fly Delfín, perfectamente equipado para xantar e cear a bordo ou calquera outro evento.
Tamén contan con rutas en catamarán con visión submarina, especialmente pensadas para as excursións escolares, que permiten descubrir os segredos da Ría de Arousa ou realizar visitas guiadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Reláxate e esquécete do tráfico, coñecerás O Grove e a illa da Toja cun paseo en tren turístico (Turitren).
Portonovo – Illas Cíes: 10.00 e 11.30
Illas Cíes – Portonovo: 17.30 e 18.50
Consultar
Tamén che pode interesar
Canto de útil che pareceu este contido?
Puntuación media 0 / 5. 0