Escultura de Alfonso Vilar, creada en 1994. Dedicado ás mulleres que venden no mercado o que lle traen os seus homes do mar. Nesta escultura podemos apreciar as penurias da época na roupa que levaba “A Peixeira” ademais de poder apreciar que está descalza. O cesto que leva na cabeza chámase “patela” e nel levaba o “quiñón”, que era a parte do peixe que lle correspondía a cada un e que trocaban por diferentes provisións como leite, ovos ou millo. Estas mulleres marabillosas foron o piar que sacou adiante a moitas familias das penurias da posguerra.
Dende alí temos unha estupenda panorámica da Ría de Pontevedra, Con Bueu En fronte, Cabo Udra e Cabo Home, e a pequena praia de Caneliñas. A saída da ría Pontevedra É un punto común de paso dos cetáceos ao Atlántico
Tamén che pode interesar
Canto de útil che pareceu este contido?
Puntuación media 0 / 5. 0