Gastronomía
Salnés » Sanxenxo » Gastronomía

No concello podemos atopar marisco e peixe de excelente calidade nas lonxas, e posteriormente nas lonxas de alimentación. Ademais, a ampla oferta de restaurantes ofrece a posibilidade de explorar e descubrir a gran variedade de pratos que se poden elaborar cos extraordinarios produtos da zona.

O rei indiscutible da nosa gastronomía, como bo concello pesqueiro, é o marisco e o peixe.

Aos produtos do mar hai que engadir os da horta, as verduras, así como as carnes galegas con denominación de orixe. Neste apartado non podemos ignorar a empanada galega, nin a famosa torta de Santiago, nin a calidade do pan e dos queixos.

Sen dúbida, nada mellor para acompañar estes manxares que un viño da Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborado nunha das adegas repartidas por todo o municipio.

A Ruta do Viño das Rías Baixas tamén transcorre polo concello de Sanxenxo Esta ruta ten un gran prestixio e está formada por unha ampla oferta de servizos enoturísticos de calidade. É unha excelente forma de descubrir os segredos deste viño con aromas froitos e florais, e que posúe un sabor único caracterizado pola sua suavidade e frescura, co xusto grao de acidez.

Dende o ano 2010 celébrase anualmente un Concurso de Tapas “Sanxenxo DeGustaTapas”, que tivo unha gran acollida, e en cada edición a resposta do público é maior.

Ao longo do ano tamén se celebran xornadas gastronómicas dedicadas a diferentes produtos autóctonos.

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Skip to content
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.