Este miradoiro ofrece unha vista privilexiada da Ría de Pontevedra. No medio da ría vemos unhas pequenas plataformas de madeira no mar, coñecidas como bateas, onde se cultivan mexillóns, vieiras e ostras penduradas de cordas.
Cara á esquerda temos Raxó, pertencente ao concello de Poio, co seu pequeno porto e praias. Ao fondo a Illa de Tambo e ao outro lado o concello de Marín.