Miradoiro Punta Festiñanzo
Salnés » Sanxenxo » Natureza e paisaxes » Miradoiro Punta Festiñanzo

Este miradoiro ofrece unha vista da Ría de Pontevedra. Á dereita vemos o Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo, que reúne todas as condicións para ser considerado un dos mellores portos deportivos da península. Máis ao fondo pódese ver o Parque de Punta Vicaño, situado entre a praia de Silgar (Sanxenxo) e a praia de Baltar (Portonovo), unha zona arbolada con parque infantil e ao final un miradoiro con magníficas vistas á ría. Detrás do parque de Punta Vicaño está o porto pesqueiro de Portonovo, un porto cunha importante tradición pesqueira.

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Ir o contido
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.