Saúde e Benestar
Salnés » Sanxenxo » Saúde e Benestar

Galicia estivo ligada ao termalismo ao longo da historia, dende as termas celtas ou as famosas termas romanas. Co paso dos anos apareceron as primeiras vilas termais e hoxe os balnearios e a talasoterapia son un importante atractivo.

Para referirnos á tradición termal de Sanxenxo hai que remontarnos a principios de século, cando se abriu na vila o primeiro balneario que, por outra banda, supuxo o inicio da súa vocación turística.

Actualmente Sanxenxo conta con hoteis con modernas instalacións, contando cunha ampla oferta de spa e talasoterapia con máis de 10.000m2. Hai unha gran variedade de tratamentos de beleza, tratamentos antiestrés, masaxes shiatsu, masaxes tailandesas, pedras volcánicas, baños turcos, baños celtas, saunas finlandesas… Ademais de moitos outros destinados a mellorar as enfermidades reumáticas ou crónicas da pel, e incluso para axudar á recuperación en lesións deportivas.

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Skip to content
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.