Santa Catalina
Salnés » Sanxenxo » Patrimonio e cultura » Santa Catalina

A Capela de Santa Catalina é unha pequena e sinxela construción de pedra dunha soa nave de planta rectangular na que destaca sobre todo a espadana que se alza sobre a igrexa, adornada con dous pináculos e rematada cunha cruz.

A fachada principal tamén está adornada con dous pináculos, un a cada lado. A sancristía, tamén rectangular, aparece pegada á fachada posterior.

A Capela de Santa Catalina honra á patroa da vila de Portonovo, pola que os mariñeiros senten unha gran devoción e á que se lle adica unha festa no mes de novembro, cunha procesión marítima na súa honra. A Capela tamén está moi ligada ao resto das festas de Portonovo, especialmente ás do Patrón, San Roque.

Antigamente o Campo de San Roque estaba aberto ao mar e dise que ata o século XIX existiu alí unha batería de canóns para defender a entrada da ría. Xa que Portonovo foi utilizado como porto refuxio dos barcos corsarios nos séculos XVII e XVIII. Estes canóns defensivos están actualmente soterrados na base do Mercado Vello.

Tamén che pode interesar

Canto de útil che pareceu este contido?

Puntuación media 0 / 5. 0

Skip to content
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.