Praia Area das Pipas
Praia recta de area branca, orientada ao noroeste e situada nunha zona rural e rodeada en parte de masa forestal. Conta cun chiringuito na época estival, así como outros servizos de restauración nas proximidades. Na contorna tamén hai un cámping, o acuario e as Salgadeiras de Moreiras, un espazo museístico sobre a pesca e a […]
Praia da Lavagueira
Praia recta de area fina e cunchas e augas tranquilas, atópase nun entorno semiurbano rodeado dunha masa forestal. Atópase preto da zona portuaria de Porto Meloxo, lugar de fondeo común de embarcacións e importante zona marisqueira. Dende alí pódese camiñar polo camiño do Esteiro ata Punta Moreiras. Conta cun chiringuito na época estival. Tipo de […]
Praia A Lanzada
Con máis de 2 km de lonxitude, a praia da Lanzada é o areal máis grande da provincia de Pontevedra e unha das máis coñecidas das Rías Baixas. Orientada ao sueste, desde ela pódese obter unhas estupendas vistas da illa de Ons e gozar de magníficas postas de sol. A súa area branca e fina, […]
Praia da Barrosa
Praia en forma de media cuncha, de area branca e fina, situada en zona semiurbana, preto da urbanización Pedras Negras. Con boas vistas da Illa de Ons. A praia está bordeada polo paseo de madeira de Pedras Negras – San Vicente do Mar. Posibilidade de alugar paddle boards e kayaks. Localización da sede do Náutico. […]