Praia Burato da Londra
Praia recta, de area branca e fina, bañada polas augas do océano Atlántico, con boas vistas á illa de Ons. A praia, dividida en dous e bordeada polo paseo de madeira de Pedras Negras en San Vicente do Mar, sitúase entre o porto deportivo e a praia do Farruco. Hai establecementos de hostalería preto. Tipo […]
Praia Carreiro
Praia recta situada en zona semiurbana, rodeada en parte por unha masa forestal. A praia atópase no tramo costeiro do lado norte da península do Grove, bañada polas augas da ría de Arousa e dende onde se divisan moi preto os barrotes. A carón da praia atópase o xacemento arqueolóxico de Adro Vello, punto de […]
Praia Castiñeira
Praia recta, de area branca e fina, aínda que con zona rochosa. Atópase nunha zona rural, virxe e illada, na parte occidental da península do Grove, con vistas á illa de Sálvora. Está situado xunto á praia de Barreiro. Aínda que resgardada, é unha praia ventosa e con ondas moderadas. Para os amantes do naturismo, […]
Praia Con Negro
Esta pequena praia ten forma de media cuncha, de area branca e fina e está situada na zona virxe e illada de Con Negro. É unha cala aberta, ventosa e de ondas moderadas, ideal para os amantes da natureza e da tranquilidade. Nas proximidades discorre a ruta de sendeirismo PR-G 116 Con Negro – Arte […]
Praia Farruco
En San Vicente do Mar atópase unha pequena praia orientada ao sueste, de area branca e fina. Limita co paseo de madeira de Pedras Negras, entre as praias do Burato da Londra e da Barrosa. É unha praia resgardada de augas tranquilas con boas vistas á illa de Ons. Ten restaurantes na praia e máis […]
Praia Seixeliño
Praia en forma de media cuncha, de area branca e fina, situada en zona semiurbana. Praia aberta, orientada ao sur, pero de augas tranquilas, propicia para gozar do baño. Ideal para aqueles que buscan area accesible e cómoda. Conta con numerosos asadores e merendeiros na zona, así como cámpings, algúns deles abertos todo o ano. […]
Praia Barreiro
Praia de area branca e fina, situada nunha zona rural, virxe e illada, na parte occidental da península do Grove, con vistas á illa de Sálvora. É unha praia ventosa, con ondas moderadas. Nas proximidades discorre a ruta de sendeirismo PRG-116 Con Negro – Arte ao Natural. Tipo de praia: forma de concha Eslora: 358 […]
Praia Barreiriño
Praia de area branca e fina, bañada polas augas da ría de Arousa e rodeada en parte por unha masa forestal. Atópase no lado norte da península do Grove, entre as praias do Carreiro e da Barcela. A ruta de sendeirismo PRG-115 Adro Vello – Memorias da Historia discorre nas proximidades. Tipo de praia: Ensenada […]
Praia Area Grande
Situada no lado norte peninsular, é unha praia con forma de cuncha, bañada polas augas da ría de Arousa e rodeada en parte por unha masa forestal. Nos meses de verán é posible alugar kayaks. Hai un restaurante asador na praia e un cámping nas proximidades. A ruta de sendeirismo PRG-115 Adro Vello – Memorias […]
Praia Area da Cruz
Praia recta orientada ao sur, de area branca e fina e situada en zona semiurbana, entre as praias de Seixeliño e Sobre do Pozo. Desde el pódense contemplar unhas magníficas vistas da illa de Ons. En canto á morfoloxía, destaca o interesante complexo dunar ao final da praia. Na contorna hai restaurantes, así como varios […]