Praia Canelas
Praia en forma de media cuncha, de area branca e fina e parcialmente rochosa, situada nun medio rural. Con acceso peonil, é ideal para os amantes da tranquilidade. A praia limita co paseo de madeira de Pedras Negras – San Vicente do Mar, que remata no miradoiro do final da praia. Abaixo está unha pequena […]
Praia Carreiro
Praia recta situada en zona semiurbana, rodeada en parte por unha masa forestal. A praia atópase no tramo costeiro do lado norte da península do Grove, bañada polas augas da ría de Arousa e dende onde se divisan moi preto os barrotes. A carón da praia atópase o xacemento arqueolóxico de Adro Vello, punto de […]
Praia Raeiros
Tamén coñecida como Paxareiro, é unha praia recta, de area branca e fina, situada entre as praias da Lanzada e Area da Cruz. Aínda que aberto ao océano Atlántico, pola súa orientación sur está protexido dos ventos dominantes no verán e dende alí pódense contemplar unhas marabillosas vistas da illa de Ons. As súas augas […]
Praia Barreiro
Praia de area branca e fina, situada nunha zona rural, virxe e illada, na parte occidental da península do Grove, con vistas á illa de Sálvora. É unha praia ventosa, con ondas moderadas. Nas proximidades discorre a ruta de sendeirismo PRG-116 Con Negro – Arte ao Natural. Tipo de praia: forma de concha Eslora: 358 […]
Praia Area Grande
Situada no lado norte peninsular, é unha praia con forma de cuncha, bañada polas augas da ría de Arousa e rodeada en parte por unha masa forestal. Nos meses de verán é posible alugar kayaks. Hai un restaurante asador na praia e un cámping nas proximidades. A ruta de sendeirismo PRG-115 Adro Vello – Memorias […]
Praia Area da Cruz
Praia recta orientada ao sur, de area branca e fina e situada en zona semiurbana, entre as praias de Seixeliño e Sobre do Pozo. Desde el pódense contemplar unhas magníficas vistas da illa de Ons. En canto á morfoloxía, destaca o interesante complexo dunar ao final da praia. Na contorna hai restaurantes, así como varios […]
Praia da Mexiloeira
Praia orientada ao noroeste, cunha paisaxe de vexetación e dunas, area dourada e algo espesa. Destaca pola súa tranquilidade e idoneidade para a práctica de deportes como o kitesurf ou o windsurf. É a praia máis longa bañada polas augas da ría de Arousa no Grove. Nas proximidades atópase a lagoa de Bodeira, a única […]
Praia A Lanzada
Con máis de 2 km de lonxitude, a praia da Lanzada é o areal máis grande da provincia de Pontevedra e unha das máis coñecidas das Rías Baixas. Orientada ao sueste, desde ela pódese obter unhas estupendas vistas da illa de Ons e gozar de magníficas postas de sol. A súa area branca e fina, […]